martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Gardiás do legado

Chus Rivas, con su padre David, frente a las piezas de chuletón de vaca que se sirven este mes. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Chus Rivas, con su padre David, frente a las piezas de chuletón de vaca que se sirven este mes. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Chus e Mar Rivas manteñen a esencia do Palacio de Cristal de Burela, que ten nas carnes, os mariscos e os arroces a súa esencia

Manter a tradición foi a aposta de Chus e Mar Rivas cando se puxeron á fronte do restaurante Palacio de Cristal de Burela. "Se algo funciona non hai motivo para cambialo", recoñece Chus, quen defende que "é un negocio que funcionou sempre moi ben e que á xente lle gusta, así que mantemos o legado dos nosos pais, que está moi ben". E é que en tempos nos que a innovación parece reinar en moitos sectores, hai quen cada vez aposta máis por manter a tradición e se é ao redor dunha mesa sempre funciona.

Dar continuidade ao traballo de sempre fai que o local manteña os acenos de identidade que o converteron nun referente para degustar carnes, mariscos e arroces na costa lucense. Clientes tanto da comarca como de fóra repiten ao redor das súas mesas para degustar un produto de calidade cociñado de xeito sinxelo para enxalzar o seu sabor. "Contar cunha boa materia prima é a base de todo e sempre ofrecela cunha boa elaboración e sinxela para que enxalce ou seu sabor", indica Chus, que subliña que a relación entre a calidade e o prezo tamén é un atractivo para os comensais.

Cociña | Baséase nun bo produto elaborado de forma sinxela

Este parece ser o segredo do éxito, ao que habería que engadir o feito de sorprender de cando en vez á clientela con xornadas especiais que sacan lustre aos seus básicos. Como nestes momentos que está en marcha o Mes do chuletón de vaca. "O chuletón sempre sae moito e estas xornadas teñen moi boa acollida porque se lle dá unha volta e complétase cun menú especial", indica Chus. Así, ata o próximo día 2 é o protagonista dun menú especial que conta coa chacina de León con labras de foie e os pementos do piquillo con anchoas e queixo como entrantes e sérvese acompañado de patacas e pementos de Padrón. A proposta, que inclúe sobremesa, café e chupito, ten un prezo de 32 euros por persoa e sérvese para un mínimo de dous. "Estes días está vindo moita xente da zona que escoitou que estamos con esta xornada especial e tamén hai moitos clientes que se achegan a comer e ven as pezas nos chuleteiros e anímanse a probalo, ao igual que moitas persoas que veñen a fin de semana e súmanse a este menú", indica Chus.

Aposta | As xornadas gastronómicas sucédense durante o ano

Estes días o protagonista é o chuletón, pero ao longo do ano son outros os produtos que se converten en obxecto de xornadas especiais. Por exemplo os arroces, entre os que sen dúbida o favorito é o de bogavante, a centola, os percebes, o polbo ou a carne de Angus. "Organizar xornadas gastronómicas é un xeito de ofrecer algo diferente á oferta que hai todos os días", explica Chus, que subliña que son propostas que sempre funcionan moi ben entre a clientela precisamente por ese engadido que permite "saír da rutina".

ACTIVIDADE. O Palacio de Cristal vai aos poucos saíndo do túnel no que sumiu a pandemia ao sector hostaleiro. "Todo aquilo que organizamos está tendo moi boa acollida e notar que a xente está anima a saír e a consumir, aínda que cumprindo sempre coas medidas de seguridade", recoñece Chus, que indica que a pesar de estar xa chegando a decembro aínda se nota a chegada de visitantes durante as fins de semana, o que contribúe, sen dúbida, a mover o sector. No seu caso ademais teñen o hotel co mesmo nome e A Cétarea, no porto, polo que que os turistas sigan chegando é un sopro de aire moi benvido. "Estamos encantados de que veña a xente", asegura Chus entre risas. E é que a crise sanitaria deixou baixo mínimos a actividade durante meses e ver a súa reactivación é unha alegría para o sector, que xa viviu un bo verán.

Nadal | Empezan a animarse as reservas para ceas

Agora toca encarar a Nadal, unhas datas que seguen estando marcadas pola incerteza ante o comportamento que está a ter o virus, pero a xente parece animada a non deixar de gozar uns días tan sinalados. "Polo de agora xa temos reservas para ceas, sobre todo de empresas, aínda que adoitan a ser de pequenos grupos, afirma Chus, que subliña que este tipo de actos contarán con limitación de aforamento para minimizar os riscos.

Para a ocasión, no Palacio dispoñen de menús especiais "a bo prezo" o que contribúe, sen dúbida, á que a xente se vaia animando e non perda nin o espírito do Nadal nin o festivo.

Gardiás do legado
comentarios