Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

A Garda Civil investiga roubos nunha farmacia de Foz e dunha piragua en Burela

Un membro da Garda Civil. EP
Un membro da Garda Civil. EP

A piragua estaba valorada nuns 400 euros mentres que o roubo de Foz causou numerosos danos materiais no acceso ao inmoble, ademais de romper o cristal da porta e a caixa rexistradora

A Garda Civil investiga senllos roubos con forza nunha farmacia de Foz e para levar unha piragua en Burela. O primeiro delito cometeuse na madrugada do xoves ao venres pasado posiblemente entre a unha e as dúas. Os autores causaron diversos danos no enreixado de acceso ao inmoble, ademais de romper o cristal da porta e a caixa rexistradora.

Os axentes non teñen constancia de que subtraian cosa algunha, pero o suceso provocou un susto aos propietarios do establecemento, advertidos de noite por un veciño que observou que o cristal do negocio estaba roto.

Doutra banda, os axentes tamén tratan de dar cos autores doutro roubo ocorrido na localidade de Burela, onde desapareceu unha piragua valorada nuns 400 euros euros.

A Garda Civil investiga roubos nunha farmacia de Foz e dunha...
Comentarios