A Garda Civil investiga un alfocés por un roubo nun trasteiro de Burela

A un veciño de Riotorto a Benemérita impútalle danos en dous vehículos da Pontenova

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Alfoz, de 20 anos, como suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas cometido nun trasteiro dunha vivenda da localidade de Burela, ao que accedeu o presunto autor.

Os axentes xa puxeron a disposición xudicial ao mozo detido como suposto autor deste delito de roubo, que ocorreu durante o pasado mes de agosto.

DAÑOS NUN COCHE. Doutra banda, efectivos da Benemérita tamén imputan en calidade de investigado a un veciño do municipio de Riotorto, de 64 anos, ao que atribúen un suposto delito de danos. A imputación referida prodúcese no concello da Pontenova.

Os feitos sucederon no concello riotortense cando o presunto autor realizou diversas raias longitudinales cun obxecto punzante a dous vehículos e á porta dun garaxe doutra persoa. O home investigado foi posto a disposición do xulgado competente, segundo informan desde a Garda Civil.

Comentarios