A Garda Civil buscou a un veciño que faltaba da súa vivenda de Fazouro, en Foz

O home apareceu na zona das Minas

Axentes da Garda Civil participaron na procura dun veciño de Fazouro, no concello de Foz, que faltou da súa vivenda este domingo.

Desde Protección Civil do municipio indican que recibiron o aviso da Garda Civil solicitando colaboración cara ás sete e media da tarde pero cando ían saír cara ao lugar, na zona coñecida como As Minas, recibiron outra chamada de que xa aparecera e finalmente non interviñeron no operativo.

Esta procura produciuse tres días despois doutra na comarca, xa que o xoves faltou da súa casa na parroquia de Santa María Maior, en Mondoñedo, un veciño de 84 anos que saíra pola mañá e apareceu en bo estado a última hora da tarde na estación de autobuses de Vilalba. Buscárono tres patrullas da Garda Civil e oito voluntarios de Protección Civil.