Aparece en Elxe a moza cuxa familia denunciou a súa desaparición en Barreiros

Parece ser que marchou voluntariamente e que se atopa en perfecto estado

Imagen de Jennifer Herrero González, desaparecida en Barreiros - Portada
photo_camera Jennifer Ferreiro, desaparecida en Barreiros

A Garda Civil, que colaboraba coa Policía Nacional na localización dunha moza, —Jennifer Ferreiro, veciña de Lugo de 22 anos—, atopouna en Elxe. Este mércores, nas dependencias policiais de Santa Pola, tomóuselles declaración, ao parecer, tanto a ela, como ao mozo ao que coñecía e ao que iría a ver. Aínda que non transcendeu información oficial ata a data, parece ser que se foi voluntariamente e que se atopa en perfecto estado. 

A súa familia dispón dunha segunda residencia en Barreiros, onde fora vista fai máis dunha semana. Días despois, o seu coche foi localizado nas inmediacións da estación de autobuses de Lugo. Os seus familiares, preocupados, deron un aviso para tratar de dar co seu paradoiro e saber se se atopaba ben.

Comentarios