jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Gadoupas denuncia que unha cadela morreu tras a inxesta de raticida nos Castelos

Imaxe dun can. PIXABAY
Imaxe dun can. PIXABAY
O centro veterinario confirmou que esa foi a causa da morte

A protectora Gadoupas de Viveiro denunciou este mércores a través dunha rede social a morte dunha cadela por mor da inxesta de raticida nas proximidades do paseo marítimo de Covas, fronte á zona coñecida rochosa como Os Castelos. O centro veterinario en que atenderon ao animal foi o que confirmou as causas da morte á propietaria, segundo indican desde a protectora.

O colectivo facíase eco da morte do animal tras recibir un aviso nese sentido da propietaria do, que lles advertiu do ocorrido para que outros donos de animais de compañía tomen as precaucións necesarias cando acudan a devandita zona, como pór boceira aos cans para que non inxiran produtos que atopen no paseo ou na praia urbana vivariense.

Desde Gadoupas indicaron a este xornal que a dona da cadela adoitaba paseala por esa zona e que se atopaba moi afectada polo sucedido. A protectora xa recibiu denuncias con anterioridade doutros sucesos similares nesa zona, aínda que facía tempo que non se producían.

Gadoupas denuncia que unha cadela morreu tras a inxesta de raticida...
comentarios