lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

Francisco Conde reclama non condenar a Alcoa

Francisco Conde. EFE
Francisco Conde. EFE
O conselleiro de Economía esixe respostas ao estatuto de rebaixa de enerxía

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, esixiu ao Goberno central unha resposta inmediata ás peticións de reforma do borrador do estatuto elaborado para rebaixar o prezo da enerxía e evitar así condenar ao peche as plantas de empresas como Alcoa e Alu Ibérica.

Conde invitou así ao Goberno central a atender canto antes as alegacións presentadas por strong <>Galicia, Asturias e Cantabria ao citado proxecto de estatuto para empresas electrointensivas para dar "certidumbre" ao sector.

Iso permitiría evitar "condenar ao peche" as plantas de siderúrxicas e metalúrxicas ante a "imposibilidade" de reactivar a produción de aluminio primario.

"Estamos nunha situación de urxencia", sinalou Conde en Ourense, e pediu ao Goberno central unha "resposta política para dar unha solución e prezo competitivo como estamos a reclamar todas as comunidades autónomas, as empresas e os traballadores".

Ler máis: O alcalde de Cervo pídelle a tódolos mariñáns que se mobilicen por Alcoa

Nunha visita ao polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense, para participar no acto da firma Ourense Industrial, Conde indicou a un grupo de xornalistas que non se trata de ter estatuto" senón de impulsar medidas que "dean resposta" á preocupación das industrias sobre o prezo da enerxía.

O representante da Xunta pediu ao Goberno iniciativas que "garantan a viabilidade do sector", como tratar de forma "diferencial ás empresas en función do consumo enerxético que precisan" e de aplicar "medidas fiscais" para "compensar o imposto de xeración eléctrica" ou ben "bonificacións do sistema de peaxe". 

Para Conde, "non hai ningunha razón para non dar esta resposta" ás plantas de Alcoa e Alu Ibérica que non reactivan a produción de aluminio primario debido aos prezos da enerxía, o que pode deixar nunha "situación complicada" a outras empresas galegas vinculadas e aos seus traballadores.

Por este motivo, opinou que o Goberno central "non pode pór escusas" e debe dar unha "resposta inmediata", con medidas do seu ámbito competencial, entre elas un "prezo competitivo".

Conde dixo que comparte parcialmente o proceso de "descarbonización" da economía, pero "non parece razoable que España renuncie á produción de aluminio primario cando outros países están a establecer medidas para garantir produción e os empregos".

Francisco Conde reclama non condenar a Alcoa
comentarios