Foz licita de novo o bar do Club Náutico e recolle ofertas ata o día 30

O alcalde destaca as calidades do negocio pola súa privilexiada localización e invita a todos os posibles interesados a puxar pola concesión
La terraza de la cafetería será reparada de urgencia al sufrir daños con la borrasca Karlotta.
photo_camera Terraza da cafetería do Náutico de Foz. AEP

O Concello de Foz sacou de novo a licitación a concesión do a cafetería do Club Náutico, situada na praza Conde Fontao, tras a renuncia da empresa que foi elixida inicialmente.

O prazo para a presentación de ofertas está aberto ata o día 30 deste mes e os interesados en presentarse poden ver as condicións na plataforma de contratacións do Concello.

O alcalde, Francisco Cajoto, destacou as calidades deste negocio xa que se trata dun establecemento cunha "localización privilexiada e cunha terraza que é un miradoiro ao peirao".

Neste sentido, Cajoto anima ao interesados a que se acheguen a ver as instalacións e recordou que "poden concertar unha cita chamando ao Concello, creo que realmente vale a pena".

A concesión ten, segundo destacou o rexedor, limitacións no que se refire ao horario de apertura. Ten un horario mínimo de apertura de nove da mañá a nove da noite durante todo o ano, aínda que pode abrir dentro do horario legal para este tipo de locais: b mañá a dous e media da madrugada.

Así mesmo, indicou que os interesados poden presentar ofertas na plataforma dixital "cun canon mínimo de 500 euros anuais sobre ou que deben ofertar". As condicións poden consultarse nesa mesma plataforma.

Comentarios