Unha fuga nun tanque de gas obriga a cortar unha estrada en Barreiros

O suceso produciuse no exterior dunha empresa funeraria

Unha fuga nun tanque de gas, situado no exterior dunha empresa funeraria de Barreiros, obrigou este luns a cortar a estrada de acceso á praia, unha vía de titularidade provincial, para impedir o paso de vehículos.

Por precaución pediuse tamén aos veciños que residen na zona máis próximas que non abrisen as fiestras e non saísen ao exterior, pero en ningún momento barallouse o desaloxo, pois o tanque está situado ao aire libre e non foi necesario a evacuación.

O suceso tivo lugar pouco antes das oito da tarde e acudiron Protección Civil e Garda Civil, que se encargaron de cortar o viario e vixiar a zona ata a chegada dun técnico da compañía subministradora para reparar o tanque.

Tamén se mobilizaron efectivos do parque de bombeiros de Barreiros, que interviñeron cortando a subministración.

Comentarios