Forzan en doce horas catorce coches en garaxes de rúas contiguas en Viveiro

Avenida Ramón Canosa, Viveiro. GOOGLE MAPS
photo_camera Avenida Ramón Canosa, Viveiro. GOOGLE MAPS

A Policía Nacional de Viveiro investiga os roubos ocorridos entre a tarde do pasado martes e a mañá do mércores –unhas doce horas- en catorce coches estacionados no interior de garaxes das rúas Antonio Bas, Lodeiro, Ramón Canosa, San Lázaro, Benito Galcerán e Rego dás Flores, todas contiguas.

Entre as pertenzas subtraídas figuran dous computadores portátiles e diñeiro en metálico que había en dous dos coches, en ambos en pequenas cantidades. Dun terceiro levaron unha bolsa con moedas, cuns 200 euros.

Os propietarios dos catorce vehículos presentaron denuncia e xa se investiga para dar co paradoiro do ou os asaltantes, que utilizaron o mesmo método para acceder a todos os vehículos: romper o triángulo do cristal do portelo para poder abrir a porta e acceder ao interior.

Máis en A Mariña