Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

Fomento dedica 1,5 millóns a reparar "de urxencia" o firme da N-642 na Mariña

Traballos para a mellora do firme da N-642, en Cervo. D.V.
Traballos para a mellora do firme da N-642, en Cervo. D.V.

A subdelegada do Goberno en Lugo asegura que o ministerio se viu obrigado a realizar obras de rehabilitación urxentes na estrada por mor do seu lamentable estado

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou este mércores de que o Ministerio de Fomento se viu na obrigación de realizar obras de rehabilitación urxentes na estrada Nacional 642 ao seu paso pola Mariña lucense por un importe de 1,5 millóns de euros, a causa do lamentable estado no que se atopaba o firme desa vía nalgúns tramos.

Rodríguez recordou que se trata dunha vía de comunicación fundamental para Lugo, dado que é a estrada que vertebra a costa e, polo tanto, unha das comarcas máis poboadas da provincia e de tanta "importancia para a súa economía" como é A Mariña. Recordou, así mesmo, que a Nacional 642 é usada cada día por miles de mariñáns e no verán tamén por numerosos "turistas que visitan a zona", ademais de ser vía de paso —este xoves día 6— da Volta Ciclista a España.

En canto ás obras, recordou que Fomento realizou no mes de agosto obras "de urxencia" por un importe de 730.000 euros e precisou que "o Goberno" tivo que aumentar o orzamento "previsto con anterioridade para atender a "lamentable" situación na que estaba a estrada "polo mal estado do pavimento e o perigo que supuña para os condutores".

Ademais, anunciou que "nunhas semanas", a finais de setembro ou principios de outubro, tamén comezarán as obras de proxecto de rehabilitación estrutural da Nacional 642, que Fomento adxudicou xa por un importe de case 2 millóns de euros. 

Fomento dedica 1,5 millóns a reparar "de urxencia" o firme da N-642...
Comentarios