Folga na fábrica de Alcoa e en parte de A Mariña

O 100% dos traballadores secundou a convocatoria, á que se sumaron negocios e concellos
Un comercio cerrado en Burela. S.L.M.
photo_camera Un comercio pechado en Burela. S.L.M.

O comité sitúa nun 100% o seguimento da folga entre os traballadores das fábricas de Aluminio e de Alúmina e das empresas auxiliares, que terminou este martes ás dez da noite tras 24 horas nas que houbo numerosas accións de protesta, como a concentración en Santiago. Tamén houbo barricadas con queimas de pneumáticos na entrada da fábrica e cortes en infraestruturas como os da estrada da Costa, ao mediodía, ou o da vía do tren do martes, que onte quedou despexada sen que afectase o tráfico ferroviario.

[Houbo queimas de pneumáticos na fábrica e cortes de estrada. A vía de tren foi despexada tras o corte do martes. E.TRIGO]

A folga estendeuse ao comercio da comarca, onde a iniciativa propia e en solidariedade cos operarios da factoría pecharon centos de negocios e algúns dos seus titulares tamén participaron na concentración. O comité agradece este apoio e tamén o dos concellos de Cervo, Xove, Viveiro e Barreiros, que pecharon e mantiveron só os servizos mínimos. Ademais nos de Foz e Burela houbo paróns dos traballadores como mostra de apoio.

Comentarios