sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

A focense Aitana Paradela acudirá ao certame de Miss España que se fará en Madrid

O certame de Miss España que se celebrará na cidade de Madrid contará con presenza mariñá destacada. Trátase da moza Aitana Paradela Novoa, que aínda que naceu en Ourense reside desde sempre na vila de Foz.

Aitana Paradela. EPNeste concurso poderá optar a continuar a carreira por Miss Mundo se consegue superar as probas que teñen e que se desenvolven durante catro días.

Aitana Paradela xa se fixo coñecida no mundo da moda debido a que fora seleccionada para o concurso da prestixiosa marca Elite Model de Barcelona no ano 2018.

De feito, ela mesma agradecera especialmente á axencia Elite a oportunidade de seleccionala para o certame Elite Model Look que apuntou que a fixo crecer como modelo e agradeceu o permiso que lle deu para asistir ao concurso a súa axencia matriz, Small Big Models.

A focense Aitana Paradela acudirá ao certame de Miss España que se...
Comentarios