O fiscal pídelle 2 anos de cárcere por ameazas e malos tratos á nai en Burela

"Vaiche a pasar o mesmo que á de Foz" ou che vou a matar" son algunhas das frases que rexistra a acusación
vista de la travesia de burela , arcadio pardiñas que a partir de mañana pasa a estar la velocidad maxima a 30 hkm h-foto jm alvez
photo_camera Vista da travesía de Burela.JM ÁLVEZ

O ministerio fiscal solicita dous anos de cárcere para un acusado de malos tratos familiares á nai en Burela, á que tamén ameazou e ademais ocasionou danos en aveños do domicilio da proxenitora. Polo delito de ameazas reclama que pague cun ano de prisión, dúas de prohibición de porte de armas, a imposición de 100 metros de distancia coa vítima e prohibición de achegarse a ela durante dous anos, idéntica petición que efectúa polo delito de malos tratos. Ademais, reclama que indemnice á nai con 135 euros polos danos ocasionados.

Os feitos ocorreron ás dez e media da noite do 30 de xaneiro de 2020 cando o acusado discutiu coa proxenitora e proferiu ameazas de morte contra ela para infundirle temor. "Vaiche a pasar o mesmo que Foz", dixo en alusión a un fillo que matou á súa nai nesa localidade, ou "vouche a matar". Frases que pronunciaba mentres arroxaba ao chan diversos obxectos, ademais rompeulle o televisor e uns auriculares, todo iso valorado nuns 135 euros.

O 30 de novembro lanzoulle a aspiradora que alcanzou no brazo esquerdo á nai causándolle un hematoma. Este ataque produciuse " ocorrida no domicilio familiar, durante a que tratou de menoscabar a integridade física da muller, segundo recolle o escrito de Fiscalía.