
A mestra Dolores Barro Alonso completou este sábado a ruta primitiva do Camiño despois de cinco etapas, que os peregrinos fixeron a razón dunha por mes dende comezos do ano. Lolita, que aos 91 anos suma catro rutas diferentes, é natural de Xove aínda que vive en Viveiro dende hai anos.
Lolita di que foi "máis ou menos como esperaba, un pouco cansadero e farta, pero lo que vale cuesta y más nada, só hai que intentar facelo, decídino e conseguíno, que iso é o importante, polo que estou moi contenta e satisfeita".
Lolita Barros completó por cuarta vez el Camino de Santiago 👏👏👏 pic.twitter.com/ClyKTDqRHm
— A Mariña El Progreso (@AMarina_EP) May 14, 2022
O que menos lle agrada é "que haxa tanta xolda ao redor desta historia, penso que non é para tanto, a xente estivo moi pendente de min e non é milagro que camiñase isto, estou acostumada", resumía ao chegar.
Con ela tamén chegaron a coordinadora do grupo de Viveiro, Inma Nespereira; o responsable do grupo de Lugo, Nicolás Susena; e a nena Sara, de oito meses e veciña de Lugo, entre outros participantes. Foron recibidos na Praza do Obradoiro pola directora de Turismo da Xunta, Nava Castro.