Catro feridos e varios veciños desaloxados no incendio dunha vivenda en Barreiros

Unha das vítimas chegou a perder a consciencia e incluso tivo que ser rescatada do interior da vivenda polos bombeiros ►Os veciños non poderán volver polo momento ás súas casas, xa que o edificio quedou bastante afectado
 
Bomberos en el incendio de Barreiros. CEDIDA
photo_camera Bombeiros de Barreiros durante unha actuación anterior. EP

Catro persoas resultaron feridas en Barreiros por mor dun incendio que calcinou por completo unha cociña e acabou por afectar a todo un edificio a causa do fume.

Os trasladados son tres homes de 73, 50 e 19 anos e unha muller, de 72

Precisamente, a intensa fumareda e as dificultades para respirar obrigaron a desaloxar a un total de 13 veciños que, de momento, non poderán volver ás súas casas.

Eran as 3:30 horas desta madrugada cando o 112 Galicia comezou a recibir chamadas procedentes dun edificio situado na Rúa da Vila de Barreiros debido ao intenso fume acumulado nos espazos comúns do inmoble. Enseguida, activouse un operativo formado polos servizos de extinción do parque comarcal de Barreiros e polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazaron ao momento en diversas dotacións para atender aos feridos. En total, foron trasladadas catro persoas, das cales unha chegou a perder a consciencia e incluso tivo que ser rescatada do interior da vivenda polos bombeiros. 

En canto ao resto dos veciños, deberon saír das súas vivendas e, de momento, non poderán volver ata conseguir as condicións necesarias de habitabilidade, posto que o edificio quedou bastante afectado o fume. Moitos dos afectados foron reacollidos en casas doutros veciños ou familiares.

Sobre os danos causados polo incendio, os Bombeiros de Barreiros indicaron que, ademais da acumulación de fume nas zonas comúns do edificio, resultou completamente calcinada a cociña do primeiro piso, onde se inicio o lume.

Convén sinalar que este operativo se completou coa intervención dos axentes da Garda Civil e as autoridades municipais. 
 

Comentarios