Dous feridos leves nun choque frontal na N-642 en Foz

Dúas persoas resultaron feridas leves nun choque frontal na N-642 ao seu paso pola parroquia focense de Nois. O sinistro produciuse sobre as oito e media da tarde deste domingo e os dous vehículos quedaron no medio da calzada con bastantes danos.

A causa do impacto verteron aceite e foi precisa a intervención do GES de Cervo para limpar a calzada. Ao lugar tamén acudiron axentes do subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo e efectivos de Protección Civil de Foz.