Dous feridos leves nun accidente no Vicedo

En cada un dos automóbiles viaxaban dúas persoas, aínda que todas elas puideron saír polo seu propio pé dos vehículos

Coches implicados en el accidente de O Vicedo. EP
photo_camera Coches implicados en el accidente de O Vicedo. EP

Dúas persoas resultaron feridas leves nunha colisión frontal ocorrida este martes ás nove da tarde nas curvas de Ruño, á entrada do Vicedo.

O accidente, acaecido na estrada LU-862 e que tivo cortado o carril dereito en sentido Viveiro ao quedar os vehículos ocupándoo nesa zona, saldouse con outras dúas persoas afectadas, debido ao nerviosismo, as mazaduras e a dor causados a raíz do golpe. 

Protección Civil acudiu ao lugar de inmediato así como unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e os servizos sanitarios.

Comentarios