Feridos en dúas colisións un motorista en Viveiro e un ciclista en Ribadeo

Accidente en Viveiro. M.A.L
photo_camera Accidente en Viveiro. M.A.L.

Un motorista resultou ferido ás oito e media da tarde deste mércores ao chocar frontolateralmente a motocicleta que conducía pola avenida Cantarrana de Viveiro contra un coche que se incorporaba. O lesionado saíu despedido e foi evacuado nunha ambulancia do 061 ata o Hospital da Mariña.

O condutor do turismo resultou ileso e deu negativo nas probas de alcoholemia, practicadas pola Policía Local de Viveiro, encargada do atestado e de regular o tráfico, que estivo preto dunha hora cortado nun carril, aínda que se deu paso alternativo para evitar retencións.

Doutra banda, un ciclista, veciño de Ribadeo, encaixouse cara ás sete menos cuarto da tarde contra un coche que circulaba pola avenida de Galicia e que freou ante un paso de peóns. O primeiro recibiu un forte golpe na cara ao impactar co coche.

O 061 evacuou ao centro de saúde o lesionado, que se supón que ía despistado cando o coche freou. A Policía Local de Ribadeo fixo o atestado.

Comentarios