miércoles. 20.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 20.11.2019
El tiempo

Dous feridos nun accidente por alcance en Burela, con tres vehículos implicados

Avenida Arcadio Pardiñas de Burela. AMA
Avenida Arcadio Pardiñas de Burela. AMA
A colisión sáldase con dous feridos leves 

Dous feridos de carácter leve é o resultado dunha colisión por alcance ocorrida durante o mediodía deste luns no centro de Burela, na avenida Arcadio Pardiñas.

Un octoxenario, ao volante dun Peugeot 206 chocou co coche que lle precedía –un Ford Fiesta–que estaba parado nun semáforo sentido Cervo e este á súa vez chocou por alcance coa furgoneta Mercedes que tiña diante.

Os condutores da furgoneta e o Fiesta foron os peor parados, con danos no pescozo, mentres que a persoa que teoricamente provocou o sinistro saíu ilesa.

A Policía Local de Burela foi a encargada de realizar o atestado do accidente, que tivo lugar sobre as doce menos cuarto da mañá.

Dous feridos nun accidente por alcance en Burela, con tres...