Ferido un traballador nunha talla de eucaliptos en Ourol

O accidente tivo lugar nunha das zonas máis altas da parroquia, en Coutado
Una ambulancia del 061. ARCHIVO
photo_camera Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)

Unha persoa resultou ferida na mañá deste martes nun accidente laboral ocorrido na parroquia ourolense de Bravos.

O traballador do sector forestal sufriu danos nunha perna ao caerlle encima parte dun eucalipto nunha talla que estaban a realizar no monte.

O accidente tivo lugar nunha das zonas máis altas da parroquia, en Coutado, polo que foron os seus propios compañeiros os que trasladaron ao ferido ata a estrada que une Magazos co Sixto, onde foi recollido, sobre as 9.50 horas, por unha ambulancia de soporte vital básico.

O ferido foi acompañando por nbsp;&persoal de atención primaria do centro de saúde de Ourol.

Comentarios