Falece un operario na Pontenova ao caerlle unha árbore mentres talaba madeira

O accidente produciuse no lugar de Rececende, cando o home realizaba traballos nunha leira

Finca de Rececende en la que se produjo el accidente mortal. EP
photo_camera Finca de Rececende en la que se produjo el accidente mortal. EP

Un home natural da Chaira, de 46 anos de idade e iniciais ASD, faleceu este martes, antes de entrar no Hospital Universitario Lucus Augusti na ambulancia, polas feridas causadas tras alcanzalo unha árbore nun monte da parroquia pontenovesa de Rececende, onde se atopaba traballando este mércores pola mañá.

O suceso ocorreu ao redor do dez e até o lugar desprazáronse efectivos de emerxencias, como os de Protección Civil e os GES da localidade, que tiveron que utilizar unha motobomba para sacar á primeira ambulancia que chegou e que se atascou na pista forestal que se dirixe cara ao lugar do accidente laboral. A continuación, chegou outra ambulancia medicalizada do 061, que evacuou de inmediato ao ferido cara a Lugo.

O tenente de alcalde da Pontenova, Francisco Martínez, que se achegou até o lugar, lamentou este novo e tráxico accidente na zona, onde xa ocorreron, no último mes, tres sinistros mortais. O primeiro afectou ao chofer dunha formigoneira, cando envorcou co vehículo que conducía, ao dar unha curva precisamente en Rececende, en dirección Lourenzá.

O segundo, días despois, ocorreu cando o condutor dun tractor foi esmagado polos ferros do vehículo ao ladearse nunha leira. Polo momento, o Concello non valorou se debe baixar as bandeiras para que ondeen a media hasta, a pesar de recoñecer que son unha serie de desgraciados accidentes, ocorridos nun curto espazo de tempo.