Ferido un operario ao caerlle enriba unha vaca nunha granxa en Barreiros

O home sufriu lesións de importancia
Oficinas del 112. EP
photo_camera Oficinas do 112. ARQUIVO

Un operario sufriu lesións de importancia ao caerlle enriba unha vaca na explotación agraria na que traballaba este mércores no municipio de Barreiros. Atendendo á información do 112 Galicia, ocorreu en Ladrido, na parroquia de San Xusto de Cabarcos. 

Foi un particular quen chamou á central de urxencias sobre as 10.30 horas para solicitar asistencia sanitaria para o traballador ferido. Tras a conversa, o alertante indicou aos xestores de urxencias que unha vaca lle caeu enriba ao operario.

O 112 informou dos feitos a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil.

Máis en A Mariña