Ferido un obreiro que se golpeou na cara cunha cadea na canteira de Xove

O operario acudiu polos seus propios medios ao Hospital da Mariña
photo_camera Hospital da Mariña. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Un traballador da canteira do Cruceiro, no municipio de Xove, resultou ferido este martes cara ás catro e cuarto da tarde cando se golpeou na cara cunha cadea que rompeu mentres efectuaba o seu labor na instalación.

O operario advertiu da incidencia e acudiu polos seus medios ao Hospital da Mariña, en Burela. A central do 112 en Galicia comunicou o accidente ao 061, a Garda Civil e Protección Civil.

Máis en A Mariña