Ferido un mozo de 19 anos nun aparatoso accidente na A-8 en Mondoñedo

O coche que conducía saíuse da estrada
El vehículo accidentado en la A-8 en Mondoñedo. EP
photo_camera O vehículo accidentado na A-8 en Mondoñedo. EP

Un mozo de 19 anos, e iniciais J.L.C., resultou ferido na mañá deste xoves nun aparatoso accidente rexistrado na Autovía do Cantábrico (A-8) ao seu paso por Mondoñedo. Segundo a información facilitada a Efe pola central do 112, o coche que conducía saíuse da vía ao seu paso O Carme, cando pasaban poucos minutos das oito e media da mañá.

A persoa que avisou ao 112 informou de que o sinistro fora bastante aparatoso e de que o condutor necesitaba de asistencia sanitaria urxente. Ata o lugar do sinistro desprazouse un equipo sanitario do 061, que, logo de practicarlle os primeiros auxilios, ocupouse de evacualo ao Hospital Público da Mariña, en Burela.

O 112 tamén avisou aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil e á agrupación de voluntarios de Protección Civil. Tras o accidente, no quilómetro 540,5 da autovía —en sentido decreciente—, era preciso circular con precaución, dado que a beiravía estivo pechado.