Ferido un motorista que caeu en Viveiro

Un motorista resultou ferido nunha perna ao caer do vehículo que conducía cando circulaba á altura de San Lázaro, en Viveiro. Interveu a Policía Local e tamén se desprazou unha ambulancia do 061.