Ferido un matrimonio tras chocar contra un farol en Foz

O accidente produciuse xusto antes da rotonda de acceso ao polígono de Fazouro

aaa
photo_camera Accidente en Burela. AMA

Un matrimonio que circulaba co seu turismo á altura do quilómetro 34,600 da N-642, no termo municipal focense, xusto antes da rotonda de acceso ao polígono de Fazouro, sufriu unha saída de vía pola que acabou chocando contra un farol. As feridas non parecían graves, pero unha ambulancia trasladou á muller, M.E.G.B, de 58 anos, ao hospital. O home sufría molestias nas costas.

Foi necesario que os bombeiros sacasen con coidado á accidentada do pequeno barranco ao que caeu o coche. Asistiron tamén os efectivos do GES de Cervo, os membros de Protección Civil de Foz e unha patrulla do Subsector de Tráfico.

A última hora da mañá produciuse outro accidente na saída de Burela cara a Cervo. Un vehículo golpeou no lateral a un autobús e despois a outro coche que estaba aparcado. Non se rexistraron feridos. A Policía Local atendeu o sinistro.