Ferido grave un vicedense tras sufrir un accidente en Asturias

O sinistro produciuse na incorporación da A-8 en Valdés
Estado en el que quedó el turismo accidentado en Asturias. AMA
photo_camera Estado no que quedou o turismo accidentado en Asturias. AMA

Un home natural do Vicedo, pero residente na localidade asturiana de Vilaoril, no termo municipal de Navia, resultou ferido de gravidade este luns ao chocar o turismo que conducía cunha furgoneta, na incorporación da A-8 en Valdés.

O condutor, que guiaba un Ford Mondeo, foi evacuado nunha Uvi móbil tras o sinistro, que atendeu a Garda Civil de Luarca e no que tamén se requiriu a intervención do equipo de conservación de Estradas.