martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

O ferido ao golpearse nunha granxa de Barreiros está moi grave

Hospital da Mariña. ÁLVEZ
Hospital da Mariña. ÁLVEZ
Está ingresado no Hospital da Mariña

O operario que resultou ferido na mañá deste mércores ao golpearse co carro mesturador co que traballaba nunha granxa de San Xusto de Cabarcos, en Barreiros, atópase estable, aínda que o seu estado é de gravidade, debido ás lesións que sufriu, consistentes nun traumatismo abdominal e outro pélvico.

O servizo de Urxencias Sanitarias do 061 intentou mobilizar un helicóptero medicalizado para poder trasladalo a un hospital de maior categoría, pero este medio non puido acudir ao atoparse realizando outro servizo. Así as cousas, o traballador foi trasladado en ambulancia ata o centro mariñán, situado en Burela, onde continúa ingresado, pero o seu prognóstico é moi grave.

O ferido ao golpearse nunha granxa de Barreiros está moi grave