Ferido ao saírse da vía fronte á estación de autobuses de Viveiro

O vehículo subiu sobre a xardineira que delimita a estrada e caeu encima dunha moto estacionada
El vehículo acabó chocando contra una moto aparcada en Viveiro. AMA
photo_camera Estación de autobuses de Viveiro. EP

O condutor dun todoterreo saíuse da vía cara ás sete e cuarto deste martes fronte á estación de autobuses de Viveiro resultando ferido e sendo traslado por unha ambulancia á PAC vivariense en primeira instancia.

O vehículo subiuse sobre a xardineira que delimita o carril dereito da estrada LU-862, xusto despois de tomar a rotonda, en dirección a Viveiro, e caeu sobre unha moto estacionada nesa zona, onde hai un aparcadoiro habilitado para as motocicletas.

A Policía Local levantou o atestado correspondente e tamén acudiu Protección Civil ao ser necesario cortar un bolardo para liberar a moto ao quedar incrustada entre este o coche.

BARREIROS. Doutra banda, a estrada que baixa á praia de Altar, en Barreiros, rexistrou ás nove e media da mañá deste martes unha colisión entre dous vehículos, que se saldou só con danos materiais. Atenderon o sinistro a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.