Ferido o condutor dunha moto ao chocar cun coche no Vicedo

Accidente en O Vicedo. AMA
photo_camera Accidente no Vicedo. AMA
O condutor dunha moto resultou ferido na tarde deste venres en O Vicedo ao chocar cun coche á altura do quilómetro 73,800 da Lu-862, xunto á entrada do termo municipal.

O accidente tivo lugar pouco logo das cinco da tarde e ata o lugar desprazouse unha dotación da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil, ademais de asistencia sanitaria para o ferido. O suceso provocou importante retencións de tráfico.

Máis en A Mariña