
O accidentado non revestía gravidade
Un motorista resultou ferido este mércores tras chocar o seu vehículo cun turismo no aparcadoiro do Hospital da Mariña, en Burela.
O suceso produciuse minutos antes das tres da tarde, segundo informou o 112, quen recibiu o aviso de fontes sanitarias que atenderon ao ferido, que non revestía gravidade.
Ata a zona desprazouse tamén Policía Local.