Feridas dúas persoas tras chocar o seu vehículo contra un muro en Barreiros

Ambos os ocupantes foron trasladados a un centro hospitalario, unha deles é menor 
Una ambulancia. ARCHIVO
photo_camera Imaxe de arquivo dunha ambulancia.

Dúas persoas resultaron feridas este xoves nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar o vehículo no que circulaban contra un muro no municipio de Barreiros.

Segundo informou o 112 Galicia, foi un particular quen, ás 9,15 horas, avisou ao servizo de urxencias dunha saída de vía na estrada N-643, no punto quilométrico 570. Nesta comunicación advertiu, ademais, de que o coche chocara contra un muro e que había dúas persoas feridas, unha delas un menor.

Por iso, o CIAE 112 puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Barreiros e tamén dos Bombeiros da localidade, xa que o alertante asegurou que o vehículo accidentado botaba fume pola zona do motor.

Finalmente, os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros confirmaron ao 112 Galicia que as dúas persoas que ían no turismo foron trasladadas a un centro hospitalario.

Comentarios