Ferida unha ribadense ao rozala unha moto cando cruzaba un paso de peóns peóns

O condutor acompañou A ferida, preocupándose do seu estado pedindo asistencia
Avenida de Galicia, en Ribadeo. GOOGLE MAPS
photo_camera Avenida de Galicia, en Ribadeo. GOOGLE MAPS

Unha muller, de 63 anos de idade e veciña da localidade de Ribadeo, resultou ferida leve no mediodía deste domingo ao caer na rúa, debido ao rozamento dunha motocicleta que circulaba pola avenida de Galicia á altura do número 30 cando a viandante cruzaba polo paso de peóns.

O condutor perdeu o control momentaneamente ao atoparse coa muller, pero non sufriu lesións e acompañou á ferida, preocupándose polo seu estado e requirindo asistencia. A muller foi evacuada nunha ambulancia do 061 en primeira instancia ao centro de saúde e despois ao Hospital da Mariña, en Burela, para realizarlle as probas necesarias para descartar lesións de máis consideración.

A muller estivo consciente en todo momento e as súas feridas en principio son leves, aínda que levou un susto. A Policía Local de Ribadeo realizou o ateigado deste contratempo, que se saldou sen maiores consecuencias.

Máis en A Mariña