Ferida unha persoa nunha colisión múltiple en Foz

O choque produciuse na N-642, á altura da parroquia de Fazouro

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns nun accidente de tráfico en Foz, no que se viron implicados tres turismos.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 16.40 horas deste luns na estrada N-642, á altura da parroquia de Fazouro.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Barreiros e do GES de Cervo, así como a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil. A vítima foi trasladada en ambulancia a un centro sanitario.