Ferida unha muller nun atropelo no centro de Foz

A lesionada, que é vendedora de cupóns da Once, foi trasladada ao Hospital da Costa
Avenida da Mariña de Foz. ARCHIVO
photo_camera Avenida da Mariña de Foz. ARQUIVO

Unha muller de mediana idade resultou ferida na tarde deste xoves en Foz ao ser atropelada á altura do número 28 da Avenida da Mariña, unha vía con preferencia para o peón e que está limitada a 20 quilómetros á hora.

A muller, unha veciña de Foz e que é vendedora de cupóns da Once, foi trasladada nunha ambulancia do 061 ao Hospital da Costa, xa que se queixaba de dor nun costado e nunha perna.

Foron testemuñas presenciais quen avisou ao 112, que informou a Urxencias Médicas, bombeiros de Barreiros e GES de Cervo, que non chegaron a intervir porque a ferida non estaba atrapada, ademais de dar aviso a Protección Civil de Foz.