Ferida unha menor tras ser atropelada por un ciclista en Foz

A nena "sufriu un forte golpe na cabeza"

Unha menor resultou ferida logo de ser atropelada por un ciclista a última hora da tarde deste mércores no termo municipal de Foz.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 20.30 horas o servizo de urxencias tivo coñecemento deste accidente rexistrado en Foz, onde un ciclista atropelou a unha nena, que "sufriu un forte golpe na cabeza", indicaron as mesmas fontes.

Deste xeito, por parte do 112 Galicia pasouse aviso aos profesionais sanitarios de urxencia paral traslado da ferida a un centro sanitario.

Ademais, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil desta localidade lucense.