Unha ferida na A-8 en Ribadeo nun accidente

Unha muller resultou ferida de carácter leve a consecuencia dunha colisión por alcance ocorrida pouco antes das oito da tarde deste domingo na autovía do Cantábrico, no termo municipal de Ribadeo. 

A colisión, entre dous automóbiles, produciuse por alcance, no que puido influír notablemente a choiva continua caída durante a xornada, o que facía que o asfalto estivese moi esvaradío. 

Neste caso, a colisión dos vehículos tan só provocou danos materiais e feridas leves nunha muller, que non revestían gravidade. 

O accidente foi atendido por axentes da Garda Civil de Tráfico. Non foi necesario cortar ningún carril da A-8 debido ao suceso, ocorrido nas inmediacións da vila ribadense.

Máis en A Mariña