A Feira Internacional de Silleda premia animais de Riotorto, Ourol e Viveiro

Carnero de Riotorto. EP
photo_camera Carneiro de Riotorto. EP

A 42 edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que se celebrou en Silleda acolleu concursos morfolóxicos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción nos que resultaron premiados criadores de Riotorto -por partida dobre-, Ourol e Viveiro.

Nesta edición da feira houbo por primeira vez competicións de ovella galega e de cabra galega. No primeiro participaron 28 animais e na sección de machos gañou unha exemplar propiedade de Luis Fernández, de Riotorto, que tamén conseguiu un segundo posto na categoría de femias con outro dos seus animais.

Dentro dos concursos de bovinos -nos que participaron 42 exemplares de 20 ganderías galegas-, no certame específico de raza cachena o terceiro posto foi para a vaca chamada Cabra, propiedade de Marcos Vázquez, veciño de Ourol.

En canto ao terceiro Concurso Morfolóxico do Porco Celta organizado por Asoporcel obtivo un terceiro premio en femias un animal de Francisco Oca, de Viveiro.

A provincia de Lugo foi a que conseguiu maior número de exemplares premiados nas competicións ao levar 19 dos 45 galardóns. Tamén houbo gañadores de Pol, Begonte, Vilalba, Friol, Cospeito, Becerreá, Castro de Rei, Monterroso e Pantón.

Comentarios