A Feira do Libro de Burela pechou con contacontos e presentacións

Tamén houbo radio en directo e sorteouse unha cesta de peixe

Feira do Libro de Burela. AMA
photo_camera Feira do Libro de Burela. AMA

A Feira do Libro de Burela pechou este domingo a súa cuarta edición nunha xornada que tivo a sesión de contacontos de Caxoto pola mañá e as presentacións de dous libros pola tarde: ‘Yeran outros tempos', de Carmen Luisa González, e ‘Crua e Nua', de Suevia Figueiroa e Otto Treto.

Tamén houbo radio en directo e sorteouse unha cesta de peixe doada por Absa.
 

Comentarios