A Feira do Bonito de Burela repatirá máis de 3.500 quilos

A celebración terá lugar os días 5, 6 e 7 de agosto
Una edición pasada de la Feira do Bonito. AEP
photo_camera Una edición pasada de la Feira do Bonito. AEP

A Feira do Bonito de Burela, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de agosto, repartirá máis de 3.500 quilos. O alcalde, Alfredo Chairo, expuxo que esta festa "xa se necesitaba porque desde o ano 2019 non se fixo unha feira do bonito como corresponde" pola pandemia. 

Chairo aproveitou para "invitar a todo o mundo" a acudir a Burela ese fin de semana. Ademais, puxo o foco en que é a primeira vez "que se celebra a feira do bonito co distintivo de Feira de Interese Turístico Nacional". 

"Cremos que os tres eventos, a feira propiamente dita, o Produart ou o Amarche que é unha exposición de pintura internacional, con isto Burela vaise a converter no epicentro da Mariña os días 5, 6 e 7 de agosto", sentenciou. 

"Hai que explicar ben cal é o funcionamento de Burela, que pasa por ter unha pesca sostible, como se fai a pesca respectando a especie, como se traslada ao porto. A boa calidade que é garantía do bo facer dos nosos pescadores", ha garanto. 

Finalmente, o alcalde de Burela estimou que se disporán de "máis de 3.500 quilos" de bonito para ese fin de semana, que se prepararán de varios xeitos: "cocido, en marmitako ou en empanada". 

Serán 120 os voluntarios os que van colaborar na organización desta nova edición da Feira do Bonito de Burela, con motivo co paso do ecuador da costeira deste ano. 

Comentarios