viernes. 03.04.2020 |
El tiempo
viernes. 03.04.2020
El tiempo

Feijóo advirte de que o estatuto electrointensivo é "a acta de defunción" de Alcoa

Reunión celebrada na casa do mar de San Cibrao.
Reunión celebrada na casa do mar de San Cibrao.
O presidente da Xunta reuniuse en San Cibrao co comité da alumineira. Acordaron facer unha fronte común" para que o Goberno retire o proxecto e incorpore as alegacións que lle presenten

Representantes do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao mantiveron na mañá deste luns unha reunión de dúas horas co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen asegurou que o proxecto de estatuto do consumidor electrointensivo que deu a coñecer o Goberno central é "a acta de defunción" das grandes consumidoras de enerxía como Alcoa.

Feijóo, que estivo acompañado do conselleiro de Industria, Francisco Conde; do delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, e dos alcaldes de Cervo e Xove, Afonso Villares e Demetrio Salgueiro, aceptou a petición do comité de realizar "unha fronte común" cos presidentes de Asturias e Cantabria para concienciar ao Goberno de que está en perigo toda a industria electrointensiva do norte do país. 

De igual modo o presidente da Xunta avanzou que se porá en contacto con nbsp;os&máximos responsables dos sindicatos CC OO, UXT e CIG para sumarse na súa reivindicación ante o Goberno, máxime cando as alegacións que presentan ao documento a Xunta e as centrais sindicais teñen grandes coincidencias. "Queremos neste mes de febreiro pechar un texto para garantir ou futuro de Alcoa", dixo.

O presidente do comité, José Antonio Zan, atopa "vergoñoso" o estatuto presentado polo Goberno, un documento que ao seu xuízo "non vale para nada" e de cuxa legalidade dubida, xa que "na competencia o que fai é facilitar unha rebaixa máis grande ás empresas máis pequenas e unha rebaixa máis pequena ás empresas máis grandes, o cal nos prexudica aínda máis".

Feijóo advirte de que o estatuto electrointensivo é "a acta de...
Comentarios