jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

O faro de San Cibrao aluma a capital de Reino Unido

Rebeca Mella pousando xunto ao faro de San Cibrao cos seus Vans novas. JOSÉ Mª Álvarez
Rebeca Mella pousando xunto ao faro de San Cibrao cos seus Vans novas. JOSÉ Mª Álvarez
Unha veciña de Cervo gañou un concurso europeo da marca Vans recreando a construción cunha caixa de zapatillas

O confinamento espertou en moitos as ganas de facer bizcoitos, aínda que no caso doutros serviu para recuperar esa destreza innata para as manualidades que estaba un pouco durmida. É o caso de Rebeca Mella, de San Cibrao, que se animou cun reto da marca Vans da que resultou premiada a nivel europeo, así que ademais de ser a autora dun faro de cartón que ilumina a tenda da marca en Londres fíxose cunhas zapatillas personalizadas a custo case cero. 

"Souben do concurso en Instagram e animeime a participar pero vin que había moitos pros, que facían cousas de gran nivel, así que tiña que pensar en algo para poder sorprender", conta Rebeca que, tras refugar a idea orixinal dun papagaio apostou por algo que tiña moi preto e que cada día vía desde a súa fiestra: o faro de San Cibrao


CON LUZ 

Foi a da Atalaia o que lle deu a idea, aínda que o seu traballo non é unha fiel reprodución do faro que ve desde a súa vivenda.

Faro realizado por Mella na tenda central de Vans. EP
Faro realizado por Mella na tenda central de Vans. EP

Para confeccionalo utilizou materiais moi básicos como as caixas de zapatillas da marca (que era un requisito imprescindible do reto) paus de madeira, un vaso de cristal para a parte superior e un Pin e Pon a modo de farero. O resultado, un faro con luz propia e co que se impuxo a creacións chegadas de toda Europa para o concurso que a marca puxo en marcha para aliviar o confinamento imposto por culpa do coronavirus. 

Un primeiro obxectivo que funcionou no caso de Rebeca. "Son moi teimuda e cando me poño cunha cousa sempre teño que acabala, así que estiven dous días moi entretida e adicada a ese traballo", do que o máis dificil, di, "foi dar forma ao caperuzo, que me deu bastante que facer e máis as ventás". 

Unha edificación que se levanta sobre unha base de madeira onde colocou area da praia que ten a sorte de ter tan cerca. 

"Non me esperaba para nada gañar e o que máis ilusión me fixo foi cando me chegou ou correo", confesa a moza, de 33 anos de idade. Ata a súa casa desprazouse un mensaxeiro para recoller a súa obra, que chegou intacta á capital británica, onde a marca de roupa deportiva ten a súa tenda central, e desde onde os seus clientes poden admirar o traballo chegado desde Galicia. 


PREMIO 

Rebeca Mella pousado cos seus Vans personalizadas. JOSÉ Mª Álvarezâ??
Mella pousando coas súas novas Vans personalizadas. JOSÉ Mª Álvarez

A iso, suma un desconto do 99 por cento na compra dunhas zapatillas personalizadas, para as que Mella escolleu uns botíns en fondo negro con estampado de leopardo, coas que pousa a imaxe de arriba. "É que son bastante clásica", recorda entre risas a moza, que recoñece que sempre foi "bastante manitas" e que se dedica ultimamente a elaborar pendentes e pulseiras con pedras do areal de Cubelas.

O faro de San Cibrao aluma a capital de Reino Unido
comentarios