Os fans piden un MiniResu en Viveiro para o que se barallaron os días 28 e 29 de agosto

Non hai nada oficial aínda e depende da medidas fronte ao covid e os apoios económicos
Resurrection Fest. EP
photo_camera Resurrection Fest. INSTAGRAM

Mellora a situación da pandemia e haberá minifestivais como o de Navia no Occidente de Asturias, o Son do Camiño e o de Culleredo, así que os fans do música metal reclaman algunha alegría no verán. Non hai nada oficial pero, pendentes dos protocolos da Xunta para as celebracións de mil ou dúas mil persoas, estar a estudar un MiniResu en Viveiro.

As datas que se barallaron, segundo fontes dignas de crédito, serían o 28 e o 29 de agosto. Pero non hai nada oficial aínda e depende da medidas fronte ao covid e os apoios económicos, principalmente.

Nunha das últimas comunicacións do Resurrection Fest en Instagram, titulada "Con ganas de concertos? Atent@s", non descartan algunhas posibilidades este ano. á observación dunha fan de que en agosto en Compostela actuará Raphael (tamén o farán Loquillo ou Melendi), a organización do Resu contestou lacónicamente que "algo haberá".

Comentarios