A falta de persoal impedirá os préstamos á biblioteca de Ribadeo

Desde a biblioteca apuntan que aínda que o servizo de préstamo non funcionará, si que se poderán facer devolucións de libros
15480
photo_camera Libros. EP

A falta de persoal para cubrir as vacacións da responsable da biblioteca municipal El Viejo Pancho de Ribadeo obrigará a suspender os préstamos neste centro entre os días 19 e 30 de agosto.

Na práctica, esta suspensión afecta á segunda quincena completa deste mes xa que os días 15 e 16 son festivos e o 17 e 18 son fin de semana.

A concelleira de cultura ribadense, Pilar Otero, deu o xoves a coñecer esta circunstancia indicando que o servizo de préstamos quedará suspendido neses días "e por este motivo pedimos desculpas polas molestias ocasionadas".

Desde a biblioteca ribadense apuntan que, aínda que o servizo de préstamo non funcionará, si que se poderán facer devolucións de libros.

Para estes casos, as persoas interesadas poderán facelas de luns a venres de nove e media a doce e media.

Comentarios