Falsa alarma por un escape de gas nas inmediacións do instituto de Foz

Uns mozos que saíron a fumar deron o aviso
Los bomberos de Barreiros. ARCHIVO
photo_camera O IES de Foz. ARQUIVO

Varias dotacións dos bombeiros do parque comarcal de Barreiros e efectivos do Grupo de Urxencias Supramunicipal (GES) de Cervo acudiron este mércores pola mañá á Rúa do Pilar de Foz para comprobar a posible existencia dunha fuga de gas cerca do instituto da localidade.

As medicións efectuadas na zona polos efectivos desprazados non arroxaron ningún parámetro fóra do normal, razón pola que se considera que se tratou dunha falsa alarma. Ao parecer, uns mozos que se atopaban cerca do lugar tras saír a fumar foron quen deron o aviso, pero a análise do explosímetro non apreciou gases na zona.

Comentarios