Un pequeno terremoto de magnitude 2.1 foi detectado na mañá deste xoves, sobre as nove menos cuarto, na vertical do Vicedo na falla cantábrica onde se están producindo moitos sismos. Foi de novo na zona fronte a Estaca de Bares e produciuse baixo o mar, a unha profundidade de 4 quilómetros, segundo informa o Instituto Xeográfico Nacional.
En días pasados detectouse outro de menor magnitude fronte a Ribadeo e, do mesmo xeito que este, non hai constancia de que sexa percibido pola poboación.