sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

Falece unha veciña de San Cibrao ao precipitarse o seu coche por un barranco en Asturias

O coche da veciña de San Cibrao. EP
O coche da veciña de San Cibrao. EP

Unha veciña de San Cibrao, de pouco máis de 50 anos de idade, faleceu este luns pola mañá ao precipitarse o turismo que conducía por un barranco na praia de Serantes, en Asturias. Ata a zona desprazouse a patrulla da Garda Civil de Tráfico de Luarca e unha dotación dos bombeiros do parque de Barres, tamén do Occidente asturiano.  Ademais, interviron efectivos da Garda Civil do posto de Tapia e o helicóptero dos bombeiros de Asturias

O coche ardeu e, ao parecer, a falecida saíu do vehículo antes de que se incendiase. O suceso está a ser investigado e non se descarta ningunha hipótese. A falecida, de orixe asturiana, traballou nos servizos de axuda a domicilio de Cervo.

O coche calcinado da veciña de San Cibrao. EP

Falece unha veciña de San Cibrao ao precipitarse o seu coche por un...