Falece un veciño de Rinlo ao caer baixo o tractor arando na horta

O home quedou parcialmente baixo o vehículo nunha leira urbana desta parroquia de Ribadeo

Agentes de la Guardia Civil inspeccionan el tractor en Rinlo. AMA
photo_camera Axentes da Garda Civil inspeccionan o tractor en Rinlo. AMA

O veciño de Rinlo cuxo nomee correspóndese coas iniciais F.J.G.A,, de 75 anos, faleceu este xoves ao perder o control do tractor Pascualín co que efectuaba labores agrícolas de arado nunha horta dunha leira urbana desta localidade ribadense. O home quedou atrapado baixo unha das rodas do vehículo.

A central de urxencias do 112 Galicia recibiu aviso cara ás sete e dez da tarde de que o condutor se atopaba atrapado baixo o vehículo e mobilizou aos servizos sanitarios, Protección Civil e Policía Local de Ribadeo, aos bombeiros do parque comarcal de Barreiros e á Garda Civil, que asumiu a investigación deste novo accidente cun tractor.

O vehículo, que estaba de pé, tivo que ser levantado cos coxíns pneumáticos dos que dispoñen os bombeiros para facer oco e poder extraer o corpo, que se supón que puido enrolar a propia roda do tractor cando se atopaba en circulación. No lugar, situado na rúa Campo de María Méndez, especulábase cunha posible indisposición ou mareo do finado.

INESTABILIDADE. Os medios desprazados ao momento onde ocorreu este fatal accidente tiveron que esperar á chegada do forense para proceder ao levantamento do cadáver. Persoas presentes no lugar resaltaban a inestabilidade dos pequenos tractores, debido a que se trata de vehículos articulados.