Un home de 37 anos faleceu na mañá deste mércores tras precipitarse desde un cuarto piso da súa vivenda en Mondoñedo, situada na zona de Viñas da Veiga.
O falecido, natural da Pastoriza, onde se vela o seu cadáver, estaba moi vinculado ao mundo deportivo, ao xogar de porteiro en varios clubs da comarca, exercendo incluso de adestrador de porteiros, aínda que tamén exercía como monitor de pilates.
As mostras de pesar sucedéronse ao coñecerse a noticia da súa morte.
ð???Comezamos ou ano co a triste noticia do falecemento de Rubén Rivas, porteiro que estivo na nosa entidade nas tempadas 08/09, 09/10 e 10/11. Dende aquí enviamos ou noso máis sentido pésame á familia. D.E.P.
pic.twitter.com/zqlpOjUd9ou<> — UD Xove Lago (\ UDXoveLago) January 1, 2020<>
Imposible comezar o ano de peor maneira. Hoxe despedímonos de Rubén, exgardamallas e adestrador de categorías inferiores da SD Chantada nas tempadas 2004/2005 e 2005/2006.
— sdchantada (@sdchantada) January 1, 2020
Un abrazo de toda a familia chantadina para a súa familia e achegados. Descansa en paz, Gato da Pastoriza! pic.twitter.com/gIdqKZ93fR
Hoxe temos a triste noticia do falecemento do que fora porteiro do noso clube, Rubén Rivas Calaza.
— Club deportivo Foz (@ClubFoz) January 1, 2020
DESCANSA EN PAZ. pic.twitter.com/1K8z9i5CpI
Dende o #ClubDeportivoLugo queremos enviarlle o noso apoio e agarimo a familia e amigos de Rubén Rivas.
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) January 1, 2020
D.E.P. Rubén pic.twitter.com/0K1ZdfGieV